O Centro Sociocomunitario do Carballiño vén de anunciar que esta semana dan comezo as inscricións para as actividades de continuidade anual. Concretamente, este venres, día 5 de setembro, ao longo de todo o día será o turno para as persoas maiores de 75 anos, que terán preferencia e oportunidade de inscribirse asegurando unha praza nunha das actividades físicas ofertadas. Este ano, as anotacións para as actividades da mañán serán en horario de mañá e as de tarde pola tarde, maioritariamente en sábado para facilitar a inscrición a todas aquelas persoas que traballen ou que precisen que alguén as veña inscribir. Asimesmo cada actividade terá un día diferente de inscrición para aminorar a espera do turno de inscrición e disminuir a cola de anotacións.
Dende a dirección do Centro subliñan que non fai falla a inscrición personal, pode vir outra persoa anotar ás interesadas o que sí resulta imprescindible e a inscrición presencial e unha persoa só pode anotarse a sí mesma ou a outra pero co requisito imprescindible de que unha persoa fará unha soa inscrición por turno. E matizan que non hai requisito de empadroamento, pois as instalacións do Sociocomunitario están abertas á participación da comunidade de toda a contorna, só hai que facilitar datos persoais imprescindibles como nome, dni e teléfono.
Para esta nova tempada, incrementaranse significativamente o número de prazas xa que “se están a desdoblar algunhas actividades, utilizando non só a sala grande do centro senón tamén a sala da planta superior, que precisamente estamos a remodelar con obras para mellorar o acondicionamento e o espazo da mesma”, apunta a directora, Yolanda González.
Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño, para os próximos meses de outubro a xuño, e a marxe doutras actividades de carácter esporádico ofertamos un total aproximado de 125 prazas de ximnasia, 140 prazas de pilates, 80 prazas de ioga, 50 prazas de zumba, 50 prazas de baile, 36 prazas de bodybalance, 25 prazas de aeróbic latino, 24 prazas de cachibol, 25 prazas de taichí e 50 prazas de baile moderno. Tamén se ofertan 40 prazas para canto e pandereta, 16 para a escola de teatro, 48 para estimulación cognitiva e memoria e 12 para habilidades sociais.