O Concello de Xinzo en cooperación co Concello de Sandiás, veñen de pechar unha nova edición do obradoiro dual de emprego no que participaron 20 persoas e promovido pola Xunta de Galicia. O Concello de Xinzo foi o encargado da súa presentación, tramitación e xustificación.
Este programa formativo práctico desenvolveuse por cuarta vez e incluíu diversas actuacións de embelecemento en por en valor unha vez máis a colaboración intermunicipal.
Ao longo dos meses de traballo, as Brigadas do Obradoiro executaron diversas actuacións que afectan a distintos aldeas do concello de Sandiás:
- Instalación de tarima flotante no Ceip de Sandiás e no Casa do Concello.
- Instalación de cubrecontenedores na aldea de Sandiás ao carón do Centro de Saúde
- Renovación da porta de entrada ao Forno Comunal da aldea da Lavandeira
- Renovación da porta de entrada ao Forno Comunal da aldea de Sandiás
- Instalación de baranda no Ceip de Sandiás
- Traballos ornamentais no Centro Social que poñen en valor a arquitectura tradicional da zona.
- Limpeza e desbroces de áreas recreativas en diversos núcleos de poboación do concello.
Nas imaxes, vese aos membros de ambos Concellos, persoal técnico e ao alumnado. Concretamente, do Concello de Sandiás achegouse o tenente alcalde Tito Traveso. O obradoiro tivo unha duración de 9 meses e ofreceu prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. O obradoiro ofreceu formación nas especialidades de instalación e mantemento de xardins e zonas verdes e na instalación de elementos de carpintería.
A formación combinou aprendizaxe técnica e traballo en contornas reais, co foco posto en mellorar espazos públicos vinculados ás rutas do Camiño de Santiago ao seu paso pola Limia. Ao remate, a gran maioría do alumnado acadou o diploma acreditativo das competencias profesionais .
Grazas ao alumnado, ao equipo docente e a ambos os concellos por seguir unindo forzas en favor da mellora das infraestructuras e calidade de vida.