Exposición: Memoria viva do río Arenteiro

IES CHAMOSO LAMAS

Despois de permanecer unha semana  no Auditorio Manuel María do Carballiño, a exposición Memoria viva do río Arenteiro realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas pódese ver ata o día luns 11 de xullo nos escaparates de diferentes establecementos situados nas rúas Calvo Sotelo, Tomás Mosquera, Rosalía de Castro e Curros Enrriquez do noso pobo.

Dende o centro de ensino queren manifestar publicamente o seu agradecemento a estes establecementos que permiten a visibilización deste traballo sobre a historia no noso río. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.

HIPER MASIDE