DATOS PARA ESPAÑA
A nivel de España, a cifra de persoas desempregadas sitúase en 2.426.511, tras un aumento de 21.905 (0,91% desde o mes anterior). A variación anual lanza a cifra de 145.610 persoas menos en desemprego, un -5,66 desde o mesmo mes de 2024. En cando á Seguridade Social, a variación en agosto foi acusada con 199.300 afiliados menos en comparación con xullo (-0,91%) o que deixa a cifra total de afiliados a nivel nacional en 21.666.203 e unha variación anual de 476.801 (2,25%).
DATOS PARA GALICIA
En Galicia aumentou o paro en agosto. Só cinco comunidades rexistraron descenso do desemprego o pasado mes (Castela A Mancha, Canarias, Navarra, Asturias e Murcia) mentres que en Galicia aumentou o paro en 1.833 pesonas (1,70%). A cifra de persoas desempregadas na comunidade galega sitúase en 109.691, mentres que o cómputo anual lanza a cantidade de 8.987 persoas menos en desemprego, un descenso interanual do 7,57%.
Todas as provincias galegas rexistraron un aumento do paro en agosto, coa Coruña á cabeza tanto en variación absoluta (855) como relativa (2,00%) con respecto ao mes anterior. Séguenlle Pontevedra (520 / 1,25%), Ourense (255 / 1,95%) e Lugo (203 / 1,94%). Galicia perdeu no último mes 2.279 afiliados (-0,20%) mentres que a variación co ano anterior é positiva, sumando 18.321, (1,68%).
DATOS PARA OURENSE
En xullo, en Ourense aumentou a cifra de desempregados en 255 persoas con respecto a xullo, o que supón un incremento do 1,95%. En termos interanuais, rexistrouse un descenso de 943 e -6,60% de variación absoluta e relativa respectivamente. Isto sitúa á provincia nunha cifra de 13.345 persoas rexistradas como demandantes de emprego. No último mes a provincia perdeu 145 afiliados á Seguridade Social o que supón un descenso mensual do -0,13% con respecto ao mes anterior, mentres que a comparación anual rexistra 1.887 cotizantes máis (1,76%), ata alcanzar os 109.380 actuais.
COMENTARIOS Aos DATOS
O comportamento do mercado laboral en agosto reflicte unha evolución negativa, cun aumento de 21.905 persoas desempregadas en toda España e unha perda de 199.300 afiliados á Seguridade Social, algo que é habitual para a estacionalidade dun mes no que finalizan moitas contratacións vinculadas co sector servizos. Aínda que as cifras seguen situándose no nivel máis baixo para este mes desde 2007, o mercado laboral está a acusar unha retardación nos últimos meses, e a taxa de desemprego española colócase á cabeza das máis altas da Unión Europea.
O emprego en pemes, micropemes e autónomos está a resultar especialmente afectado debido ao aumento de custos laborais e sociais, a carga burocrática e a incerteza normativa, entre outras causas. Tampouco é favorable o clima de incerteza na economía a nivel global, coa entrada en vigor dos aranceis de Estados Unidos que prexudicarán a sectores con forte exportación cara a ese país como o de automoción ou o agroalimentario entre outros.
Desde a CEO continuamos traballando para favorecer e dinamizar a formación dos e as persoas traballadoras en situación de desemprego, e a súa inserción no mercado laboral, concretamente nestes momentos a través do programa Reactiva Ourense Emprego que axuda aos participantes coas mellores ferramentas para realizar unha procura de emprego con garantías. Ademais, o servizo de orientación laboral da entidade encárgase tamén de asesorar aos usuarios sobre o perfil profesional, formación e recomendacións de procura, así como a prospección do mercado laboral adecuada en cada momento.