https://www.facebook.com/share/v/15wuxRycqM
O Carballiño acolleu este pasado sábado o ‘Memorial José Luis Blanco Nogueira’, a xa por estas datas tradicional concentración e ruta que organiza a directiva do Club Galego de Automóbiles Antigos, e que se enmarca no prólogo de actividades das festas patronais de San Cibrao. Unha xornada que reuníu, na terceira edición do evento, a un cento de pilotos cos seus respectivos automóbiles, a maioría construídos nos primeiros anos do pasado século.
Na apertura desta xornada de lecer estiveron o alcalde eventual, José Castro, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que valoraron esta iniciativa dentro dos eventos que atraen a visitantes á vila nas fines de seman e a súa repercursión que elo supón sobre os sectores comerical e hostaleiro do Carballiño.
Rolls Royce, Buick, Citroën, Aston Martin, Opel ou Ford, entre outros vehículos dos anos 20, 30 e 40 do século XX, concentráronse dende 10,00 horas na praza do templo da Veracruz, para despois saír cara ao Castro de San Cibrán de Lás, en San Amaro, e posteriormente visitar o Museo Estanislao Reverter, na estación de Santa Cruz de Arrabaldo, localidade do municipio de Ourense.
Finalmente, por estradas secundarias dos municipios de Cenlle e San Amaro achegáronse ata o núcleo de Dacón, no concello de Maside, antes de voltar ao Carballiño e reunirse os pilotos nun xantar de confraternidade no Parque Municipal, despois de percorrer máis de 50 quilómetros do itinerario prefixado pola ogranización.