DATA: 13 de setembro de 2025
FOENTE: Comunicado do partido político Espazo Común en Carballiño.
O partido político Espazo Común de O Carballiño denunciou publicamente o contido do convenio asinado polo alcalde do municipio con varias empresas promotoras dunha liña de alta tensión, poñendo o foco nunha cláusula de confidencialidade que, segundo a formación, obriga ao Concello a manter en segredo a información do proxecto.
Este ó literal de dita clausula, octava do convenio:
“El Ayuntamiento se compromete a mantener en secreto la información técnica de cualquier clase proporcionada o relacionada con las Sociedades (as 5 empresas promotoras) que le fuera comunicada o adquirida en cualquier forma durante el desarrollo de su colaboración. Esta obligación se mantendrá durante la vigencia de este convenio, así como después de su terminación durante 5 años adicionales, con las limitaciones que establezcan las leyes aplicables.
El Ayuntamiento, sus empleados y/o colaboradores están obligados a guardar estricto secreto y a no hacer público, divulgar o comunicar, de forma directa o indirecta a cualquier otra persona o entidad cualquier información confidencial propiedad o de uso interno de las Sociedades, de sus clientes o de sus proveedores (técnica o de cualquier naturaleza), relativa a los trabajos, actividades, o a cualquier tipo de informació n a que haya tenido acceso a través de cualquier medio”
Segundo o comunicado de Espazo Común, a lectura do acordo, asinado no pasado mes de marzo, “produce indignación e vergoña”. A formación política acusa ao goberno local de ter mantido o convenio “oculto baixo sete candados” para evitar o coñecemento da cidadanía.
O núcleo da denuncia radica en que “o Concello comprometeuse a cumprir unha cláusula de confidencialidade que implica manter un silencio cómplice con respecto ao levantamento desta infraestrutura”. Espazo Común cualifica este pacto de “inmoral e mezquino”, argumentando que o goberno municipal asinou un acordo para manter ocultos aos veciños “os proxectos dunha serie de empresas que se pretenden lucrar invadindo o noso territorio e poñendo en perigo a nosa saúde e a nosa terra”.
Por todo isto, dende a formación política afirmaron que “a cidadanía segue agardando por explicacións e/ou dimisións” por parte do executivo local.
O Concello de O Carballiño non se pronunciou oficialmente sobre estas acusacións no momento da redacción desta nota.
Enlace ao Convenio: https://carballino.sedelectronica.gal/preview-document/4a7e19e5-8aa5-47d3-afe8-72e61a72b03c/