Sesión de Contos para bebés A VIAXE DE NANO”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

CUBERTAS TODAS AS PRAZAS PARA A SESIÓN DE CONTOS PARA BEBÉS “A VIAXE DE NANO”, DE RAQUEL QUEIZÁS, QUE TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO NO AUDITORIO MUNICIPAL

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actividade programada pola área de Educación do concello do Carballiño, que dirixe Guadalupe Sobrado, e que se celebrará este domingo ás 17,30 h no auditorio municipal dentro do programa Apego, ten cubertas todas as prazas dispoñibles, polo que quedou pechado hai días o prazo de inscrición.

Trátase de contos para bebés titulado “A viaxe de Nano”, de Raquel Queizás.

O obxectivo destas actividades do programa Apego, ao que está subscrito o concello do Carballiño, é promover o uso da lingua galega no ámbito familiar e, especialmente, desde  a primeira infancia.