Parte do comercio local adianta o comezo das rebaixas a antes do 7 de xaneiro

As tradicionais rebaixas estacionais de xaneiro están a piques de comezar de xeito oficial, sendo o día 7 o seu punto de partida. Aínda así, son moitos os comercios que as adiantan cada vez máis, con descontos dende o mes de decembro, motivados sobre todo pola afluencia de xente durante as datas de Nadal e a posibilidade de aumentar as compras aproveitando os agasallos que se fan nesta época.

Hoxe achegámonos a algúns comercios do Carballiño, que xa colgan o cartel de REBAIXAS, algúns dende decembro e outros comezaron esta semana.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ás ventas nestas datas de Nadal, as opinións son diversas. Algúns comercios notaron que a xente estaba animada e mercaba roupa de festa para volver celebrar, mentres que outros destacan que os anos de pandemia, a pensar diso, foron mellores en ventas.