A Policía Local preparouse durante os últimos días ante a posibilidade de esta restrición de mobilidade que entrou en vigor esta madrugada logo da publicación onte a noite da orde da Consellería de Sanidade no DOG. O xefe da Policía Local coordinaba un operativo de control dende primeira hora da mañá, no que participaron seis patrullas e para o que se contou ca colaboración da Policía Autonómica e da Garda Civil.  Os controis vixiaron os accesos nos principais puntos. A xornada salvouse sen incidencias nin multas, asegurando dende a Policía Local que a xente é coñecedora das novas medidas.

Os controis vixiarán nos próximos días, en espacial na fin de semana, os accesos nos principais puntos.

As excepcións á mobilidade que se permiten son as relacionas co ámbito laboral, educativo e sanitario. Para permitir o acceso nestes casos será preciso acreditar fisicamente un xustificante que demostre ese motivo. Ademais recórdase que a utilización de vías secundarias tamén estará controlada, con menor dispositivo policial.

Recordamos que tamén se permite o coidado de animais, os trámites bancarios e xudiciais e o coidado de persoas dependentes, maiores ou menores. Prégase respectar a normativa de cara á fin de semana.

Francisco Valeiras asegurou que están coordinando a todo o persoal dispoñible. Están contando con persoal que estaba en días libres e con todo o apoio dos Corpos e Forzas de Seguridade doutras zonas.