Foto: Entrega de premios correspondentes a 1ª Edición
O Carballiño, 22 de setembro de 2025.– O Instituto de Estudios Carballiñeses anuncia a apertura dunha nova convocatoria do II Concurso de Microrrelatos, co obxectivo de facilitar a participación do profesorado e do alumnado maior de 16 anos de centros educativos.
A decisión de realizar unha nova convocatoria vén motivada polo feito de que a primeira edición deste concurso, celebrada no mes de xuño, coincidiu co período vacacional estival, dificultando así a participación dos colectivos aos que vai dirixido.
Para solucionar este inconveniente e garantir que todos os interesados teñan a oportunidade de participar, o Instituto decidiu reprogramar o concurso. O novo prazo de presentación de obras estarará aberto dende o próximo 23 de setembro ata o 23 de outubro de 2025.
Esta iniciativa busca fomentar a creatividade literaria e o gusto pola escrita entre os máis novos e os educadores da comarca, consolidando un espazo de expresión cultural dentro da programación do Instituto.
Xénero: Microrrelato
Idioma: Galego
Tema: Libre
Aberto a persoas maiores de 16 anos. Quedan excluídos os/as premiados no Iº Concurso.
Premios:
1º premio: 1.000€ e diploma.
2º premio: 500€ e diploma.
3º premio: 250€ e diploma.
Entidade convocante: INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Data de peche dos participantes: 23 de outubro de 2025.
BASES
O Instituto de Estudios Carballiñeses convoca a 2ª edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de promover a creatividade literaria e fomentar a difusión do xénero microrrelato, que se regula polas seguintes bases:
O Instituto de Estudios Carballiñeses convoca a 2ª edición do Concurso de Microrrelatos co obxectivo de promover a creatividade literaria e fomentar a difusión do xénero microrrelato, que se regula polas seguintes bases:
1. O microrrelato debe ser orixinal e inédito (por inédito enténdese que no teña gañado ningún premio nin se teña difundido en ningún medio con anterioridade).
2. O texto non deberá exceder dos 1.200 caracteres con espazos e título incluídos.
3. As obras enviaranse por correo electrónico co asunto: II Concurso de microrrelatos “Instituto de Estudios Carballiñeses”, ao enderezo idecarballino@yahoo.es
Tamén se poderán enviar por correo postal a este enderezo: A M G. Praza de América, nº 3-2º D. 36211 Vigo
4. Axuntaranse ao correo dous arquivos:
1º arquivo/sobre: conterá o relato firmado con pseudónimo e, para identificalo, levará por nome o título do relato.
2º arquivo/sobre: nomearase coa palabra “PLICA” e o título do relato, debendo conter os datos persoais (nome, enderezo, DNI, teléfono e e-mail do autor/a).
5. Os envíos deberán chegar ao seu destino antes das 12h do 23 de outubro de 2025.
6. Cada persoa poderá enviar un máximo de 3 microrrelatos.
7. O xurado estará formado por socios/as do IEC expertos/as neste xénero literario, pola persoa gañadora do primeiro premio do Iº Concurso e aos que se poderán engadir persoas competentes no tema non socios/as do IEC.
8. Os microrrelatos premiados serán publicados polo Instituto de Estudios Carballiñeses e os non premiados serán destruídos.
9. Os microrrelatos premiados quedarán en propiedade do IEC para a súa publicación, difusión ou uso que considere oportuno.
10. A participación no concurso supón a total aceptación destas bases.
Entrega de premios:
O Instituto de Estudios Carballiñeses organizará un acto de entrega de premios, que se publicará oportunamente.