Gabriel Alén pon en valor os campamentos de verán como recurso de conciliación seguro

IES CHAMOSO LAMAS

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, o campamento xuvenil ‘Penedos de Xacinto’; unha instalación emprazada no lugar Cabeza da Vella, na que a Consellería de Política Social ven de investir 72.000 euros na mellora das instalacións e adquisicións de equipamentos, que dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermaría. Trátase dun campamento de montaña, con abundante arboredo, zonas verdes e xardíns cun capacidade de 100 prezas para tendas de campaña.

O delegado territorial subliñou que “con campamentos como este Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa”. Para o delegado territorial, “o obxectivo final é garantir que as familias poidan estar tranquilas levando aos seus pequenos ás actividades da Campaña de Verán da Xunta por ser unha aposta segura de conciliación”.

HIPER MASIDE

Gabriel Alén destacou a importante oferta de ocio e tempo libre, sempre vinculada á educación non formal, que oferta a comunidade durante a tempada estival, entre campamentos, campos de voluntariado e outras actividades, e resaltou a importancia de desenvolver este tipo de estadías nas que os participantes gozan dunha programación de lecer educativo e tempo libre de primeiro nivel e nas que ao mesmo tempo, crecen persoalmente e coñecen a mozas e mozos que residan na comunidade autónoma.

Neste campamento participan un total de 50 mozas e mozos de idades comprendidas entre os 09 e 12 anos. Durante unha semana desenvolverán actividades de teatro e aventura na natureza, dramatización, expresión corporal e desinhibición, obradoiros de formación, ensaios e propostas teatrais, técnicas de circio, malabares e equilibrio, e diversos deportes acuáticos como xogos  e dinámicas deportivas que se executarán na piscina.

Baixo o lema “O verán que mereces”, a programación estival deseñada pola Xunta de Galicia ofrecerá desde xullo e ata setembro unha oferta de ocio seguro, na que se manterán as medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución do aforo, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias. Ademais, este ano inclúense probas de antíxenos completamente gratuítas para todos os participantes e monitores antes do inicio de cada campamento.