As e os socialistas puxeron o foco na necesidade de “comezar a traballar intensamente no territorio, reforzando a presencia do partido nas diferentes comarcas e reforzar as agrupacións locais e comarcais, ca vista posta nos comicios electorais do 2027”
A Executiva Provincial celebrará a partir das vindeiras semanas diferentes reunións comarcais ao longo da provincia, nas que se presentarán aos novos representantes comarcais e se trazarán as liñas de traballo para comezar a formaR as candidaturas locais
Álvaro Vila Araújo, subliñou que “estamos preparados para formar os mellores equipos e as mellores candidaturas, na procura de acadar os resultados máis óptimos ao longo da provincia e aumentar o noso poder municipal, con novas alcaldías”
Ourense, 22 de setembro do 2025. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar esta tarde unha reunión ordinaria da Comisión Executiva Provincial, coincidindo co inicio do curso político. As e os socialistas deron conta dos avances ao longo do último mes e medio, trala última sesión, e aprobaron o cronograma de traballo dos vindeiros meses e as diferentes reunións comarcais que terán lugar ao longo de toda a provincia.
As e os socialistas puxeron o foco na necesidade de “comezar a traballar intensamente no territorio, reforzando a presencia do partido nas diferentes comarcas e reforzar as agrupacións locais e comarcais, ca vista posta nos comicios electorais do 2027”. A Executiva Provincial celebrará a partir das vindeiras semanas diferentes reunións comarcais ao longo da provincia, nas que se presentarán aos novos representantes comarcais e se trazarán as liñas de traballo para comezar a formar as candidaturas locais de cara as eleccións municipais.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, subliñou, durante a lectura do informe político, que “estamos preparados para formar os mellores equipos e as mellores candidaturas, na procura de acadar os resultados máis óptimos ao longo da provincia e aumentar o noso poder municipal, con novas alcaldías”.
“Imos traballar intensamente no territorio co obxectivo de conseguir un partido máis forte, activo e que recupere músculo en cada comarca e en cada concello”, afirmou Vila Araújo. A Executiva Provincial tamén dará a coñecer nas vindeiras semanas os diferentes actos que teñen preparados para os vindeiros meses e que se sucederán por diferentes puntos da provincia de Ourense.