Cine Club proxecta este venres no Auditorio “Mariposas negras”, película multipremiada de David Baute

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño continúa coa súa programación do mes de outubro ofrecendo este vindeiro venres, día 3, a película española “Mariposas negras”, de David Baute, gañadora do Premio Goya á Mellor película de animación, galardón que obtivo tamén nos Premios Forqué e Gaudí, nos Platino de Cinema Iberoamericano e nos Premios Quirino. Inspirada por mulleres reais, propón unha viaxe desde África, O Caribe e Asia ata un incerto futuro para a humanidade.

O cambio climático impacta nas vidas de Tanit, Valeria e Shaila, tres mulleres de puntos moi distintos do planeta pero con algo en común: as tres pérdeno todo por mor do efecto do quentamento global e vense forzadas e emigrar. Os pases serán o venres ás 20,00 e ás 22,30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------