O BOP publica hoxe os padróns das taxas e as listas cobratorias polos servizos de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento do Concello de Boborás, e canon da auga da Xunta de Galicia, correspondente ao segundo trimestre do 2020 (abril/xuño). Os padróns estarán expostos ao público nas oficinas municipais, durante o prazo de vinte días, contado desde a publicación deste anuncio no BOP, durante o cal os interesados/as poderán examinalos e formular alegacións. O período voluntario de ingreso das taxas e canon comeza hoxe a está activo ata o ´dia 2 de novembro, ambos incluídos. O lugar de ingreso son as oficinas bancarias o entidades colaboradoras.