O venres 24 de xuño, ás 20 horas inaugurase a exposición CRISÁLIDES de Nuria Lago na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz.

Estará exposta ata o día 21 de agosto.

A autora fai esta reflexión sobre a obra: “Crisálides nace da observación sobre o impacto que aínda teñen os convencionalismos sociais e a concepción tradicional da familia na vida das mulleres, a pesares dos supostos avances acadados en materia de igualdade.O feito de que dita observación sexa unha constante, rematoume levando, inexorablemente, a estudar en profundidade este impacto no proxecto vital da muller.Esta exposición quere expresar como as ataduras desta trampa social poden romper e como o poder para elo reside dentro de cada muller”.
Nuria Lago recibe a súa formación académica en pintura na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), sendo a súa traxectoria principalmente autodidacta. Desenvolve a súa actividade artística dende finais dos anos noventa, expoñendo de xeito individual e en mostras colectivas, así como sendo seleccionada en diferentes certames nacionais e internacionais. Aínda que leva desenvolvido fundamentalmente o seu traballo no eido da pintura contemporánea, actualmente, a súa labor investigadora é de carácter multidisciplinar.

AVANTAR ACTIVIDADES