Pasear ou realizar calquera tipo de deporte polo sendeiro do río Arenteiro á altura do viaduto do ferrocarril estáse a converter nunha actividade de risco. Se non, que llo pregunten a un veciño de Carballiño que recibíu unha pedrada cando facía o seu paseo diario co seu can e tivo que ser atendido polos servizos sanitarios, ademais de presentar a correspondente denuncia.
Esta persoa circulaba polo sendeiro fluvial na contorna dos antigos muíños do Cuco cando sentíu un forte golpe nas súas costas e caeu ao chan sen saber qué lle sucedera. Pero antes tiña visto a un grupo de rapaces que utilizan o viaduto do ferrocarril como paso sobre o río, e que, según outros testemuñas é habitual cando abandoan as instalacións do pavillón polideportivo Paco Chao para achegarse ata o casco urbano da vila.
Uns rapaces que se adican ao ‘deporte’ de lanzamento sobre o paseo do Arenteiro das pedras que fan de soporte de contención das vías do ferrocarril, coma se fose un xogo e sen ter en conta o dano que poidan causar aos peóns que pasan por ese sendeiro. Asemade, correndo o risco de ser atropelados por algún dos trens que teñen coma orixe ou destino a estación de Renfe no Carballiño.
O veciño agredido, que resultou golpeado por unha pedra xusto por debaixo da caluga e cunha ferida sangrante, acudíu ao Centro de Saúde, onde lle efectuaron as curas pertinentes e lle comunicaron que tivera sorte de que o obxecto o golpease de plano e non de canto, xa que neste caso poidera causar danos mesmo na médula espinal.
Finalmente, dirixiuse ao cuartel da Garda Civil para formular unha denuncia, acompañada do parte sanitarios das lesións sufridas.