O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, condenou hoxe o asasinato por violencia de xénero dunha muller na provincia de Málaga, o último crime machista confirmado polo Ministerio de Igualdade en España.
Eladio Santos presidiu un minuto de silencio ante a Subdelegación do Goberno pola muller de 83 anos asasinada presuntamente pola súa parella o pasado 3 de outubro. “Como sociedade democrática non podemos tolerar ningún tipo de violencia sobre as mulleres polo feito de ser mulleres”, destacou.
Con este caso, son 29 as mulleres asasinadas en 2025 a mans da súa parella ou ex parella e 12 os menores de idade que quedaron orfos en España. Dende 2003, son 1.324 as mulleres asasinadas por violencia de xénero.
O subdelegado lembrou que o Ministerio de Igualdade ten a disposición das vítimas e de calquera persoa que coñeza ou sospeite dun caso de violencia de xénero o teléfono 016, as consultas online a través do email 016-online@igualdad.gob.es, a canle de WhatsApp 600 000 016 e o chat online, accesible desde a páxina web violenciagenero.igualdad.gob.es.