Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

N GALEGO, AGORA E SEMPRE

Día da Restauración da Memoria Lingüística.

Amigas e amigos, cómpre adiantarvos que o próximo día 8 de novembro, ás 12:00 horas, celebraremo no Cemiterio Municipal de Bande outro acto de substitución de lápidas en castelán por outras en galego, nese caso, no panteón familiar de D. Miguel Santalices, Presidente do Parlamento de Galicia.

O acto é ben significativo por canto o titular da primeira institución do País, súmase á iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, ao tempo que dignifica o cargo. Ogalla que todos os representantes institucionais, deputados, reexedores municipais, sindicalistas…e cantos acoden ás manifestación anuais a prol da lingua galega, secunden o exemplo do Sr. Santalices.

Defender a lingua galega non é unicamente manifestarse a prol dela ou asinar manifestos.

No mesmo acto, ao que serán convocados todos os alcaldes da provincia de Ourense, procederase a asinar unha Declaración Institucional en virtude da cal os rexedores municipais comprométense a celebraren nos seus respectivos territorios actos semellantes.

Convocaremos tamén a todas as empresas fúnebre da provincia, e as comunidades relixiosas católica e evanxelista, para que inculturicen a fe no noso idioma.

O acto entendemos que ten unha carga simbólica importante. Que o Presidente da primeira Institución do País cambien as lápidas dos seus familiares é un convite para que todos os cargos institucionais secunden o seu exemplo.

Só así, poderemos avanzar. Os alcaldes, presidentes das Deputacións, conselleiros, deputados ten a obriga legal de afirmaren a galeguidade que o cargo lles confire.

É hora de pasarmos das estatísticas de lápidas en galego que neste perfil se publican á restauración.

Habida conta que cada ano se producen 30.000 defuncións en Galicia ese esforzo por facer inventario,á volta de tres anos os datos estarán obsoletos.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------