
O 16º Salón do Automóbil arrinca en Expourense como a cita máis agardada do ano para os concesionarios de Ourense e para os ourensáns que precisan cambiar de coche e que deciden facelo estes días pola cantidade, calidade, prezos especiais, garantías e facilidades de financiamento que ofrecen os 15 concesionarios que participan nesta edición representando a 27 marcas. Ata o domingo ás 20:00 h. celébrase o Salón do Vehículo Novo e a vindeira fin de semana, do 22 ao 24 de outubro, o do Vehículo de Ocasión.
Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e ACAUTO, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense. Este 16º Salón é unha edición especial xa que é a primeira que se celebra logo do falecemento no mes de abril do que foi presidente de ACAUTO durante os últimos 15 anos, Ramón Seijas Pérez.
Esta xornada inaugural estivo protagonizada polo acto de homenaxe e lembranza a súa traxectoria profesional liderando e unindo ao sector do automóbil en Ourense, defendendo o papel dos concesionarios como motor económico e social e apostando pola celebración deste salón que hoxe en día é un referente en toda Galicia e un dinamizador das vendas de automóviles nesta provincia. Este acto de homenaxe correu a cargo da directiva de ACAUTO encabezada polo seu presidente César Fernández Mosquera, e a súa vicepresidenta Eva André Cendón. O acto contou coa participación da súa familia, pertecente ao Grupo Pérez Rumbao e de numerosas autoridades locais, provincias e autonómicas e empresarios que quixeron apoiar á familia e aos seus compañeiros de ACAUTO.
O 16º Salón do Automóbil – Vehículo Novo ofrece a oportunidade de coñecer nun só espazo as últimas novidades do sector e coñecer o futuro da mobilidade na provincia de Ourense. Tamén é una gran oportunidade para conocer as novidades que se van comercializar nesta campaña. En total, preséntase ests fin de semana 28 modelos novos, algúns poden verse por primeira vez en Galicia como o novo Nissan Micra.
Entre os dous salóns estarán expostos máis de 670 vehículos (290 están expostos no Novo e 380 no de Ocasión. aproximadamente), o que converte a Expourense no maior concesionario do Norte de España durante estas dúas semanas. As marcas representadas son: AUDI, BMW, BYD, CITROËN, CUPRA, DACIA, EBRO, FIAT, FORD, HYUNDAI, JAECOO, JEEP, KIA, LEAP MOTOR, MAZDA, MERCEDES BENZ, MG, NISSAN, OMODA, OPEL, PEUGEOT, RENAULT, SEAT, SKODA, TOYOTA, VOLKSWAGEN e VOLVO.
Facendo un percorrido polos vehículos novos expostos en Expourense esta fin de semana, resulta evidente a imposición do vehículo eléctrico, tanto ao 100% como de motorización híbrida, é máis, expoñen por primeira vez marcas, como é o caso de BYD que fabrican en exclusiva coches eléctricos ou Ebro, Omoda e Jaecoo. Tamén son eléctricas ou híbridas a meirande parte das 28 novidades presentadas polos expositores como o novo Renault 4, o Fiat Grande Panda, o Audi Q5 ou o novo Mercedes CLA 250 Coupé 100% eléctrico cunha autonomía superior aos 700 kilómetros.
Entre os vehículos novos expostos neste primeiro salón pódense atopar coches de todosas gamas e motorizacións destacando sobre todo a oferta en microhíbridos, híbridos, híbridos enchufables e eléctricos 100%. Os prezos oscilan entre os 11.780 euros (financiado polo Plan Moves) do BYD Dolphin e os 150.000 euros do BMW X6. Os concesionarios ofrecen descontos especiais en feira que poden chegar ata os 10.000 euros Cada concesionario ofrece ademais as súas propias condicións de financiamiento e resulta doado atopar coches por 150 euros ao mes.
Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.
Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada por ACAUTO.
Para facilitar a elección do novo coche familiar, hai de novo servizo de ludoteca gratuíto durante toda a fin de semana (venres de 17.00 a 20.30 h.; sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingos de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.).
O horario do 16º Salón do Automóbil será os venres 25 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 18 e 25 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 19 a 26 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).
28 NOVIDADES PRESENTADAS NO SALÓN
AUDI – Q3 – Q5 – A5
BMW – X-2 ELÉCTRICO
BYD – SEAL 6
CITROEN – C5 AIRCROSS
CUPRA – TERRAMAR
DACIA – BIGSTER
EBRO – S400HEV
FIAT + JEEP – GRANDE PANDA
FORD – Puma GEN-E 100% ELECTRICO
HYUNDAI – INSTER
KIA – EV4_100% ELÉCTRICO
LEAP MOTOR – B10
MAZDA – 6E
MERCEDES – CLA COUPE
MG – HS HEV; CYBERSTER
NISSAN – MICRA ; ARIYA NISMO
OMODA /JAECCO- JAECOO 5
PEUGEOT- 308 2026
RENAULT – R4
SEAT – GAMA LEON E-HYBRID
SKODA – ELROQ
TOYOTA – BZ4X
VOLKSWAGEN – CALIFORNIA
VOLVO – EX30 CROSS COUNTRY