A Aula de Teatro do Campus de Vigo recibíu o ‘Premio Tiruleque’ da 17ª Mostra de Teatro Amador

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Auditorio Manuel María do Carballiño acolleu o pasado sábado a entrega do ‘Premio Tiruleque’ á mellor montaxe da pasada edición da ‘Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón’, que recaeu na Aula de Teatro da Universidade de Vigo. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, foi o encargado de entregar o galardón ás directoras da obra, Casilda Alfaro e Sonia Rúa, que estiveron acompañadas de parte do elenco que representou “O soño dunha noite de verán”, a obra distinguida.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

O acto coincidíu coa segunda función de “A conspiración da piolla”, de Tiruleque Teatro, unha das programadas nesta 18ª edición do festival teatral, que organiza este grupo e que se vén desenvolvendo dende o pasado 4 de outubro co patrocinio do Concello do Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha mostra consolidada xa como un referente cultural no ámbito teatral galego e que, edición tras edición, continúa fomentando a creación escénica, e que terá continuidade ata o vindeiro domingo, 9 de novembro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------