A Deputación de Ourense aproba axudas para melloras en varios concellos da contorna

Xunda de Goberno da Deputación Ourense. Asisitne Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de preto de 640.000 euros en subvencións nos ámbitos de emprego, deportes, cooperación con concellos, con entidades e cultura.

Publicidade

Polo que respecta ao ámbito do emprego, a Xunta de Goberno concedeu cinco subvencións por un importe total de 42.750 euros dentro do programa EmprendOU, cun valor máximo cada unha delas de 8.550 euros, unha delas para Boborás. 

En cooperación cos concellos concedéronse as seguintes subvencións: 45.500 euros destinados á urbanización da rúa do Pazo en Arnoia; 48.000 euros a favor de Cortegada para a construción dun muro de protección no antigo balneario; 220.000 euros á entidade local menor de Berán para a posta a punto do balneario novo; 148.700 euros para a obra de mellora do acceso a Prado.