O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén visita a sede do comité cidadán antisida de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Loita contra a SIDA

  • Gabriel Alén agradeceu o traballo desta organización destinada a reivindicar ante a Administración a posta en marcha de medidas sanitarias e sociais e xerar un espazo humano de apoio e acompañamento ás persoas afectadas, así como un grupo de loita contra a discriminación e o estigma
  • Coincidindo co Día Mundial da Sida, a Consellería de Sanidade está a facer unha distribución de material preventivo e divulgativo a todos os centros de ensinanza secundaria (nos cursos de 3º e 4º da ESO) e formación profesional de Galicia, os centros de Atención Primaria e hospitais do Servizo Galego de Saúde, as Unidades de Asistencia a Drogodependencias, ás Institucións Penitenciarias que existen en Galicia, os centros Quérote+ e numerosos Concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro que colaboran co Plan galego anti VIH/sida e outras ITS ao longo do ano

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, visitou esta mañá a sede do Comité Cidadán Antisida de Ourense.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Da man do seu coordinador, Agustín González, Alén Castro percorreu as distintas salas desta asociación sen ánimo de lucro, que nace dunha iniciativa cidadá no ano 1992 a prol dos intereses das persoas afectadas polo VIH-SIDA. O delegado territorial interesouse polo miúdo polos proxectos nos que están a levar a cabo, e polos que teñen previsto desenvolver no futuro.

Gabriel Alén agradeceu o traballo desta organización sen ánimo de lucro formada por afectados polo VIH-SIDA, familiares e amigos coa finalidade de reivindicar ante a Administración a posta en marcha de medidas sanitarias e sociais (investigación, tratamento, atención sanitaria específica, recursos residenciais, recoñecemento de minusvalía, apoio económico) e xerar un espazo humano de apoio e acompañamento ás persoas afectadas, así como un grupo de loita contra a discriminación e o estigma.

O delegado territorial subliñou o apoio do Goberno galego ao seu labor humanitario e destacou as subvencións concedidas pola Consellería de Sanidade para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual.

Son varias as campañas preventivas da Consellería de Sanidade que promoven o sexo seguro na nosa Comunidade. Entre elas, inclúense as campañas de difusión de mensaxes preventivas a través de redes sociais como Sex Invaders (Facebook e Instagram) ou www.itsinvaders.com. Atópanse ademais, o Programa de promoción do preservativo que distribúe gratuitamente este material a través de entidades colaboradoras e o programa Xente con Don, iniciado no curso 2016-2017, e que se oferta dende entón aos centros de ensinanza secundaria e de formación profesional de Galicia.

Estes días, coincidindo co Día Mundial da Sida, a Consellería de Sanidade está a facer unha distribución de material preventivo e divulgativo a todos os centros de ensinanza secundaria (nos cursos de 3º e 4º da ESO) e formación profesional de Galicia, os centros de Atención Primaria e hospitais do Servizo Galego de Saúde, as Unidades de Asistencia a Drogodependencias, ás Institucións Penitenciarias que existen en Galicia, os centros Quérote+ e numerosos Concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro que colaboran co Plan galego anti VIH/sida e outras ITS ao longo do ano.

A finais do ano pasado, púxose en marcha o protocolo do Programa da implantación da profilaxe preexposición ao VIH en Galicia, anticipándonos ao Estado, dirixido a un grupo de poboación cun risco moi elevado de adquirir a infección.

Dende principios de este ano, o Comité Cidadán Antisida de Ourense propuxo actividades no eido da educación, a prevención e o asesoramento sobre VIH/SIDA e outras ITSs a transexuais e homosexuais e desenvolveu actividades de educación e prevención para a saúde na Casa de Acollida de Doentes VIH/SIDA, e para persoas seropositivas e ou seu contorno.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------