Cine Club Carballiño continúa no presente mes de novembro e no decembro vindeiro coa súa programación habitual dos venres e algunha proxección extra os domingos, cunha forte presenza neste caso do cinema español.
Así, o venres, 7 de novembro, o programa ábrese cunha das mellores películas do ano, “Romería”, de Carla Simón, nominada á Palma de Ouro en Cannes e preseleccionada por España para competir nos Oscar, onde finamente competirá a galega “Sirat”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O venres 14, Cince Club Carballiño ofrece unha película norteamericana, “A differet man” (Un home diferente), un filme cheo de premios e nominacións. Esa mesma fin de semana, o domingo 16 proxectarase a película española “Tardes de soledad”, de Albert Serra, triunfadora no Festival de San Sebastián e que foi un dos impactos cinematográficos do ano.
A seguinte sesión pasará ao domingo día 30 de novembro, no que se proxecta o debut tra-la cámara de Jaume Claret, quen sorprendeu a todos no pasado Festival de Venecia con “Extraño río”. No cartaz, este filme ía inicialmente o día 5 de decembro, pero a entidade organizadora veuse na obriga de adiantalo por cuestións da programación do auditorio Manuel María. Os pases serán ás 18,00 e 20,00 horas.
Xa en decembro, o Cine Club presentará dúas novas películas. O venres, día 12, outro dos grandes filmes españois da tempada, “Sorda”, de Eva Libertad, gañadora do Festival de Málaga (mellor película, actor, actriz e premio do público, que tamén obtivo no Festival de Berlín). E pecharán este 2025 o venres, día 19, coa gañadora do último Festival de Cannes, onde obtivo a Palma de Ouro, a película iraní “Un simple accidente”, de Jafar Panahi.
As proxeccións, coma sempre, serán no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















