Castelao, Figura Universal, protagonista dunha conferencia en Ribadavia
Ribadavia, 3 de novembro de 2025 – O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o próximo venres 7 de novembro de 2025 ás 19:30 horas unha conferencia ao redor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos personaxes máis relevantes da cultura galega.
Baixo o título “Castelao, Figura Universal”, o relatorio correrá a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane, actual Presidente da Fundación Castelao, quen profundará na vida, obra e legado do polifacético artista, escritor e político.
Este acto, de entrada libre ata completar aforo, está organizado polo Museo Etnolóxico de Ribadavia, que continúa así co seu labor de divulgación cultural e posta en valor das figuras crave da identidade galega.
A conferencia supón unha oportunidade excepcional para achegarse á dimensión humana e intelectual de Castelao, da man dun dos seus maiores estudosos.
- Evento: Conferencia “Castelao, Figura Universal”
- Relator: D. Miguel Anxo Seixas Seoane (Presidente da Fundación Castelao)
- Data: Venres, 7 de novembro de 2025
- Hora: 19:30 horas
- Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia
- Organiza: Museo Etnolóxico de Ribadavia

















