Os incendios forestais foron o tema central xulgado por un xurado de xornalistas dos medios locais.
A entrega dos trofeos, o xoves 6 de novembro ás 18:00, coincidirá coa inauguración dunha mostra do fotoxornalista Brais Lorenzo de imaxes tomadas nos lumes do pasado verán
Ourense, 5 de novembro de 2025
Un xurado, integrado por xornalistas dos medios de comunicación local de Ourense, dictaminou por unanimidade o veredicto da edición 2025 dos “Premios Millo e Carozo” que sostén o Café Cultural Ceres do casco vello da capital ourensá. Estas distincións, resultado dunha analise e xuizo crítico sobre as actuacións ou acontecementos máis salientables do ano que remata na provincia de Ourense, teñen un significado dobre: o premio Millo recompensa o labor ou suceso máis positivo, favorecedor ou encomiable de entre ou para a sociedade ourensá. O premio Carozo, por contraste, significa o máis negativo, prexudicial e criticable do acontecido no ano en curso. Os Millo e Carozo son entregados a persoas ou representantes oficiais ou significativos destes acontecementos ou actuacións.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O tema central desta segunda edición foi o dos incendios forestais que arrasaron a provincia de Ourense o pasado verán. Precisamente esta desfeita ambiental, económica e social é o tema da exposición de obras do fotoxornalista Brais Lorenzo.
Xulio Fernández Senra, coordinador das Xornadas de Folclore, premio Millo, e Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, premio Carozo, foron os distinguidos o pasado ano 2024 na primeira edición do certame do Café Cultural Ceres 1894.
















