O Concello do Carballiño mellora a drenaxe do patio de infantil nas instalacións do CEIP Calvo Sotelo na Uceira

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A área de Educación do Concello do Carballiño vén de realizar obras de mellora da drenaxe do patio de infantil, nas instalacións que posúe o CEIP Calvo Sotelo no barrio da Uceira. A intervención consistiu na canalización dunha fonte da Uceira e na recollida da auga do rego do campo de fútbol, o que solucionará os problemas detectados nas baixantes e evitará inundacións no patio cando chove intensamente.

A actuación na drenaxe permitiu retirar as vallas colocadas na zona inundable no patio, o que redunda na mellora da mobilidade e seguridade de alumnado e profesorado. “Ao arranxar o problema que había coa baixante de auga, os pequenos e pequenas xa poden desfrutar do seu patio de forma tranquila e segura”, apunta Lorena Castro, concelleira de Educación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------