Afundación e o Concello de Viana do Bolo presentan «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel»

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural», un programa que percorre Galicia da man da colaboración entre ABANCA, Afundación e diferentes concellos galegos

13.11.2025. O Concello de Viana do Bolo, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA presentaron hoxe a exposición «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel», nun acto no que estiveron Germán Aurelio García-Ávila Arias, alcalde de Viana do Bolo; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. A mostra poderase visitar ata o vindeiro 12 de decembro, de luns a venres en horario de 16.00 a 20.00 h, na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

A mostra componse de catro peregrinacións en catro países de catro continentes, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino. Concíbese esta expedición como unha viaxe en espiral de seres humanos unidos e guiados polo destino, na busca de respostas a preguntas universais que nos atinxen a todas as persoas do mundo.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Á súa vez, esta exposición realiza a súa particular viaxe polas diferentes localidades de Galicia nas que se mostra dentro do programa «Corrente cultural», que permite a Afundación programar actividades culturais, grazas á colaboración cos concellos e con ABANCA.

Nesta terra de emigrantes e peregrinos sabemos mellor ca ninguén da importancia vital da viaxe, un percorrido físico que implica, en paralelo, unha reflexión interior sobre os nosos valores, a nosa identidade e as nosas necesidades. Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que teñen a súa correspondencia no labor social de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel se nos fala de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel, e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

«Destino» amosa catro peregrinacións en catro países de catro continentes ―O Tíbet, Senegal, México e Galicia―, alicerzándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo sino. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------