Este sábado (día 15) na tenda OZOCOgz: “O Desencantamento”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sábado 15, para crianzas e xa criadas e criados. Veñen contarnos un fermoso conto as xentes de Miudiño, o Cé orquestra pantasma e a Judit, unha parella de seres fantásticos.

O Desencantamento é un conto musical narrado pola engaiolante voz de Judit Santos e acompañado musicalmente na ambientación por Cé orquestra pantasma e os seus máxicos trebellos sonoros. “Unha historia de Valor e decisión” son as verbas que serven para definir o libro conto O Desencantamento, baseado na tradición oral escrito por Rafa Quintía e editado por Miudiño e Ab Origine. A moura Bibiana e o neno Brais, son os protagonistas desta historia que nos enfeitizará dende o comezo ate o fin.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------