A Deputación colaborará no estudo das infraestruturas de telecomunicacións na provincia, un sector “estratéxico para o desenvolvemento económico e social”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial, Luis Menor, destacou no Foro Telecos Galicia celebrado en Boborás o inicio dunha cooperación “pioneira” co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)

Menor entregou o Premio Enxeño á Excelencia nas Telecomunicacións a José Luis Fernández Carnero, directivo de Televés

Ourense, 21 de novembro de 2025

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na sexta edición do Foro Telecos Galicia, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA) en Boborás. Nesta gala, os expertos centraron os debates na importancia das telecomunicacións nas áreas rurais.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Menor felicitou aos enxeñeiros técnicos de telecomunicacións por un acto que pon en valor o talento galego e ourensán nun sector “estratéxico para o desenvolvemento social e económico”, dixo o presidente provincial. Ademais, durante a súa intervención, anunciou o inicio dunha liña de colaboración “pioneira” entre a Deputación de Ourense e o COETTGA, que se centrará no estudo e mellora das infraestruturas de telecomunicacións na provincia.

O presidente provincial tamén puxo en valor o papel das telecomunicacións nas áreas rurais, que “deben ser un obxectivo básico de calquera administración pública”, como así o é da Deputación de Ourense.

Durante a gala, entregáronse premios a enxeñeiros e iniciativas empresariais. Menor foi o encargado de outorgarlle o galardón  a José Luis Fernández Carnero, directivo de Televés, que recibiu o Premio Enxeño á Excelencia nas Telecomunicacións. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------