Espazo Común presenta unha moción relativa ás escolas municipais

A formación de Espazo Común presenta unha nova moción para debater no vindeiro pleno. Neste caso fai referencia ao funcionamento e xestión das escolas deportivas. O texto da moción é o seguinte:

“A desorganización dominao todo no Concello do Carballiño e as escolas municipais tanto deportivas coma culturais non podías ser unha excepción.

AVANTAR ACTIVIDADES

A data de hoxe, co curso xa en marcha, son moitas as dúbidas e lagoas que resultan inaceptables a estas alturas. Todo produto da desorganización e a nula capacidade de xestión do goberno.

Un exemplo ben claro é o “convenio” entre o Concello e Club Deportivo Arenteiro que foi anunciado o 20 de xullo polo que se cedía ao club a xestión da Escola Municipal de Fútbol e das instalacións de Espiñedo. O compromiso foi levalo ao seguinte pleno pero, case dous meses despois, nada se sabe. Sería desexable que toda a veciñanza pero sobre todo os socios do Arenteiro, os adestradores e as familias con nenos e nenas na Escola poidesen coñecer o contido de dito acordo.

Ante a falla de novas tamén con respecto á data de inicio e condicións de varias escolas dependentes da Área de Cultura, dende o Grupo Municipal de Espazo Común, tomamos a iniciativa de presentar esta moción para o seu debate no pleno do vindeiro 28 de setembro:

       MOCIÓN PARA UN MELLOR FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS MUNICIPAIS                                           

Cada vez é menos novidoso que as actividades que ten que organizar este Concello do Carballiño rematen convertidas nun caos do que ninguén é capaz de explicar apenas nada.

Un exemplo ben claro do antedito é que no momento da redacción desta moción, a mediados de setembro, a confusión e o desconcerto reinan no tocante ás escolas municipais. Tanto nas deportivas coma nas culturais.

É inaudito que nin alumnos, nin pais e nais, nin os mesmos monitores ou clubes saiban en que condicións se van a desenvolver as diferentes disciplinas.

No pleno anterior falamos amplamente da problemáticas do Conservatorio. Pois ben, o resto non se quedan atrás.

Un claro expoñente do antedito é o suposto acordo entre Club Deportivo Arenteiro e esta institución polo que se lle ía ceder o uso de Espiñedo e a xestión da Escola Municipal de Fútbol. Acordo este que foi presentado en rolda de prensa co presencia do alcalde Fumega e do presidente Marnotes co anuncio de que sería levado ao seguinte pleno da corporación para que fose refrendado. Isto foi o 20 de xullo e a día de hoxe segue habendo familias que non saben se teñen que dirixirse ao club ou ao  Concello para formalizar a inscripción dos seus fillos.

No que se refire ás escolas culturais: baile, zumba, etc.. A día de hoxe ninguén sabe cando van dar comezo nin cal vai ser o seu funcionamento.

Unha vez máis, a improvisación e a falla de capacidade de xestión por parte do grupo de goberno, castiga a moitos cidadáns que padecen o desorde e o descontrol que o tinguen todo nesta casa.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que se facilite toda a documentación existente no Concello relativa ás diferentes escolas municipais e a súa cesión aos clubes.
  2. Que se facilite canto antes aos usuarios toda a información de como se van a desenvolver as diferentes actividades do curso 23/24“.