Convidámosche a asistir a esta xornada participativa e divulgativa organizada por SEO/BirdLife para redescubrir un dos grandes “Humidais esquecidos” da xeografía ibérica: a Lagoa de Antela, situada na comarca da Limia (Ourense).
Foi no seu momento uno dos humidais máis importantes da península ibérica, cunha extensión de 3.600 hectáreas. A memoria e o futuro do que fose emblemático humidal galego sairá ao descuberto neste encontro, no que se darán cita expertos e poboación local, que expoñerán os retos deste espazo, cuxa restauración favorecerá a biodiversidade e ás poboacións próximas, e converterase en exemplo de como enfocar a necesaria restauración de humidais do noso país.
Data e duración: xoves, 27 de novembro, de 9:00 a 18:00 horas (inclúe comida).
Lugar: Centro de Interpretación da Lagoa de Antela , Sandiás, Ourense.
Programa da xornada
9:00. – Acollida e recepción.
9:15.- Benvida institucional.
9:40.- Valores ambientais de Antela. Importancia dos humidais, valores ornitolóxicos e contexto actual.
10:15.- Mesa Redonda Antela: Punto de partida e posibilidades de restauración.
11:30.- Saída de campo guiada: Antela, pasado e presente.
13:30.- Pausa comida / convivencia. Cátering no Local Social da Casa da Lagoa en Sandiás
15:00.- Historia e cultura asociada á Lagoa de Antela
15:30.- Fauna herpetológica, odonatos e flora de Antela.
16:00.- Mesa Redonda Experiencias de sustentabilidade.
17:30.- Mesa 3: (1 h) Peche e compromiso colectivo.
Presentación das #cambio conclusións e lectura da “Declaración ou #PactoporAntela”.
18:30.- Fin da xornada
______

















