O Centro Sociomunitario organiza tres obradoiros de artes plásticas e unha festa para celebrar de Nadal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nestas datas especiais de prenadal, no Centro Sociocomunitario do Carballiño queren aproveitar que o seu espazo é un lugar apropiado para o encontro e a participación, máis si cabe no Nadal. Por elo, presentan unha programación de actividades propicias para a participación, a creatividade e a distensión nun ambiente grupal e familiar.

“Cremos que parte do encanto do Nadal está nos preparativos, máis aínda si parte deles están feitos por nos mesmos con cariño e dedicación. Por iso, durante decembro, organizaremos tres obradoiros de artes plásticas con motivos navideños, pensados para crear e compartir momentos especiais”, apunta Yolanda González, directora do Centro Sociomunitario. Estes obradoiros realizaranse os días 9 e 10 de decembro en horario de mañá e os días 16 e 18 en quenda de tarde.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

E como non o Nadal tamén é celebración e por iso, para despedir o ano, o domingo 28 celebrarase unha festa con música, sorteos e unha copa de champaña para brindar xuntos. Finalmente, o 6 de xaneiro, Día de Reis, ás 17,30 horas contaremos cunha actuación musical en vivo: Juan Emilio Padrón, da orquestra Suavecito.

Dende a dirección do Centro Sociocomunitario convidan á tódalas persoas interesadas a sumarse a estas actividades  que promoven a convivencia, a arte e a diversión, nun ambiente cálido e participativo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------