O ‘Nadal Cultural’ ofrece esta ponte de decembro música pop e polifónica e dúas funcións de teatro infantil

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Auditorio Manuel María do Carballiño acolle mañá, venres día 5, a partir das 20,30 horas o concerto do grupo valenciano Bombai, autor de temas tan coñecidos como “Solo si es contigo” ou “Tú me has cambiado”. Esta cita é a primeira da programación do ‘Nadal Cultural’ da Concellería de Cultura para esta fin de semana de ponte festivo

O grupo Bombai, que cumpriu 10 anos sobre o escenario este 2025, interpretará temas actuais, pero tamén dos seus primeiros traballos. A entrada é gratuíta, ata completar aforo, e as entradas pódense recoller nas oficinas de Cadena 100 en Ourense ou no local de Arimgraf no Carballiño.

A segunda cita terá lugar no mesmo Auditorio carballiñés o sábado, día 6, coa representación da obra “Os tres porquiños” que ofrecerá, ás 18,00 horas, a compañía EducaTeatro Produccións ao traverso da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) da Xunta de Galicia. A función está orientada a un público infantil a partir dos dous anos de idade e o custe da entrada é de 3,50 euros.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O domingo, día 7, será a quenda da música polifónica, coa celebración, tamén no Auditorio Manuel María, do ‘XXXII Concerto de Nadal’ a cargo da Coral Polifónica Casino do Carballiño e a Banda de Música de Vilatuxe. O acceso é totalmente libre e gratuíto a este tradicional concerto que comezará ás 19,30 horas.

E xa o luns día 8 voltará o teatro infantil da RGTA ao Auditorio coa escenificación, ás 18,00 horas, da montaxe “Bichitos” que trae ao Carballiño a compañía Spasmo Teatro, e que está dirixida a un público infantil mayor de seis anos. A entrada terá un custe de 3,50 euros.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------