‘Vilas Vivas’, un proxecto de revitalización comercial que dá os seus primeiros pasos en Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Consellería de Comercio, Emprego e Emigración da Xunta de Galicia é a promotora de ‘Vilas Vivas’, un proxecto innovador que busca a recuperación e rehabilitación de baixos comerciais en desuso en vilas históricas coma é o caso de Ribadavia, poñéndoos a disposición do tecido comercial e artesán en diferentes formatos. Un programa que xa comezou a dar os seus primeiros pasos na capital do Ribeiro como experiencia piloto antes de estenderse a outras localidades galegas con características semellantes: casco histórico de valor patrimonial, alta concentración de comercios pechados e unha produción local fortemente vencellada ao territorio. Un proxecto que se encadra nas medidas do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.

Así, Ribadavia foi esta pasada fin de semana o berce de Vilas Vivas, coincidindo co mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ que se celebrou no casco histórico, coa apertura de nove locais, tres deles con negocios adxudicados que abriron as súas portas e xa iniciaron a súa actividade, mentres os seis restantes acolleron diferentes propostas artesanais. As previsións da Xunta apuntan a que un total de 15 locais estean xa operativos en 2026.

Colmado de Sabores, Pura Vila e A Tafona do Camiño son os tres primeiros negocios que integran Vilas Vivas, mentres Félix de Martín, de Ourense; Julia Vilariño, de Pontedeume (A Coruña); Alberto Lista, de Buño (A Coruña), Mimacuir, de Taboada (Lugo), amosaron as súas propostas artesanais.

Falamos con María Luisa Rodríguez, que elabora xabóns artesanais en De Lú, forma parte de Colmado de Sabores, no que se integran a mel de Terras de Boborás e Cenporcel, de produtos derivados de porco celta.Por outra banda, a sombrereira Julia Vilariño, comentounos tamén os detalles do seu comercio.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O obxectivo deste proxecto autonómico é potenciar o comercio local, reforzando o seu papel na dinamización económica, favorecer a rehabilitación e posta en valor de locais históricos e facilitar espazos a produtores, comerciantes e emprendedores vinculados a sectores estratéxicos como o viño, a artesanía ou o textil.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------