A comarca do Carballiño rexistra unha baixada nos casos activos de violencia de xénero dende o mes de xuño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os casos activos de violencia de xénero incrementáronse no Estado durante o presente ano con respecto a 2024, sobre todo no último trimestre, de xeito que nestes intres xa son 45 as mulleres asasinadas e unha pendente de confirmación, elevando o cómputo xeral ata as 1.340 dende que hai rexistros oficiais, polas 49 totais do ano pasado.

A nivel provincial, actualmente están rexistrados un total de 569 casos activos de violencia de xénero, 25 suxeitos a control telemático, dos que 24 corresponden á comarca do Carballiño, unha cifra que supón unha rebaixa de dous respecto dos datos referidos ao pasado mes de xuño, tal e como comentou María Alida Iglesias, xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Ourense.

A responsable desta sección gubernamental na provincia, xunto coa concelleira de Muller e Igualdade do Concello do Carballiño, Silvia Baranda, presidíu este mediodía no salón de plenos do Consistorio a Mesa de Coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero, na que participaron representantes de Policía Local, Garda Civil, Emerxencias, do Centro de Información á Muller (CIM) e dos servizos de orientación dos centros de ensino da vila.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dos 24 casos comarcais, 22 están considerados como de risco baixo e 2 de risco medio, e, ademais do Carballiño tamén están rexistrados casos activos noutros municipios coma Boborás, Maside, Punxín, O Irixo e San Cristovo de Cea.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------