O presidente da Deputación recibe o estudo da captación termal do Pazo Provincial

IES CHAMOSO LAMAS

Os resultados acreditan que as augas do pozo cumpren as condicións esixidas pola lei autonómica para ser declaradas coma augas termais e minero-medicinais. O caudal medio obtido na proba foi de 2,685 l/s 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu o estudo da captación termal do Pazo Provincial. Os resultados deste informe, realizado a partir do bombeo constante do pozo de 175 metros de profundidade situado no patio da Deputación durante 48 horas entre o 31 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2022, acreditan que a auga captada reúne as condicións esixidas pola lei autonómica para poder ser declaradas augas termais e minero-medicinais. Ademais, o informe sinala que o caudal medio obtido durante esta proba foi de 2,685 l/s. 

HIPER MASIDE

Este estudo, provisional, é un paso máis no proxecto impulsado pola Deputación para converter o Pazo Provincial no gran hotel balneario Auria.