O SERGAS cita a máis de 6.200 ourensán para a xornada de vacinación de mañá

Mañá continúa a vacinación das persoas entre 60 e 69 anos, en xornada de mañá e tarde, en grandes recintos: Expourense e nos Hospitais de Verín e Valdeorras.

Publicidade

Ademais, no Hospital Universitario de Ourense vacinaranse a persoas de colectivos xa vacinados. Pola súa parte desde os Servizos de Atención Primaria continúase coa a vacinación a domicilio das persoas dependentes con segundas doses.

Están convocadas 6.200 persoas: en Expourense: 4.500; no Hospital Comarcal de Valdeorras: 630; no Hospital Público de Verín: 610; no Hospital Universitario de Ourense: 360, e en Domicilios desde os Servizos de Atención Primaria: 113