Reunión da Asociación de empresarios da Área Industrial do carballiño cos principais representantes do goberno municipal

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O apoio á creación dun novo enlace coa autovía Ourense-Lugo e a necesidade de contar cun parque empresarial seguro, entre as principais demandas expostas no encontro da asociación de empresarios da área industrial do carballiño cos principais representantes do goberno municipal

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este mércores, foron recibidos, na casa do Concello, os integrantes da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial polo Exmo. Sr. Alcalde, D. Francisco Fumega, e o Sr. Concelleiro de Industria, D. Manuel Dacal, co fin de abordar os asuntos de especial relevancia para a boa marcha das 52 empresas que integran dita asociación na actualidade, e conforman o tecido empresarial mais importante da comarca do Carballiño xerando emprego para 1.150 traballadores.

Primeiramente a representación empresarial detallou a relación de inquedanzas e proxectos a emprender para facer viable a actividade empresarial así como o mantemento e mellora do emprego da area empresarial.

Entre eles detallamos os mais relevantes:

Viveiro de Empresas, os integrantes da Xunta Directiva expuxeron os beneficios de contar cun viveiro de empresas, para facilitarlle a emprendedores e emprendedoras o inicio da súa actividade na Area Empresarial, mediante o aluguer de naves a un prezo moi reducido, e así impulsar o asentamento de novas empresas na futura ampliación do parque empresarial.

Vias de Comunicación, relativo a futura autovía que unirá Ourense con Lugo e a posibilidade de contar cun enlace que conecte a área empresarial do Carballiño coa A-56, algo que sería moi beneficioso, non só para os empresarios e traballadores do polígono, senón para o conxunto da comarca en xeral. O equipo de Goberno mostrouse completamente a favor desta proposta, manifestando o seu apoio, e comprometéndose a establecer diálogo con aqueles axentes e institucións pertinentes.

Seguridade, outro dos principais asuntos que se abordaron, e polo que  se mostrou gran preocupación, foi o relativo a seguridade das persoas e as empresas, despois de terse producido diversos roubos en empresas da área industrial nas últimas semanas. Ambas partes  estiveron de acordo, en que é primordial ter un entorno seguro, polo que é indispensable adoptar todos aqueles mecanismos para erradicar este tipo de sucesos. Deste xeito, acordaron aumentar as rondas de vixilancia dos corpos de seguridade durante a noite e celebrar unha reunión coa Garda Civil. Tamén se propuxo revisar o actual sistema de vídeo vixilancia instalado no polígono, co obxectivo de mellorar a sua eficacia para a sua  contribucion ao fin desexado.

Acondicionamento de viais, tratouse a necesidade urxente de acondicionar e asfaltar o tramo final do vial 6 en dirección á antiga feira do gando, demanda que se ven reiterando en últimas reunións. En relación a isto, acordouse arranxar aquelas zonas máis deterioradas na maior brevidade posible.

Convenio de Colaboración, tanto o Sr. Alcalde, como o Sr. Concelleiro, estiveron a favor de seguir colaborando con AICA para poder seguir mantendo a contratación de persoal técnico propio durante todo o ano e, así, seguir ofrecendo atención personalizada ás empresas asociadas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------