Concerto de Nadal, cantar os reis,  obradoiros decorativos, campaña de solidaridade, obradoiro de lectura e escritura,  teatro de monicreques co apalpador e a nena sen medo, no Nadal de Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sandiás terá este Nadal unha programación de actividades para todos os públicos. Desenvolveranse seis temáticas propias destas festas. O programa foi presentado polo alcalde, Felipe Traveso, e os concelleir@s de cultura (Pepe Gándara),  e a de xustiza social e participación cidadá (Pilar Cabrera), entre outros.

En relación coa ambientación e decoración volve á casa do concello, a casa, o tren, os coellos, cervos, a ponte, o pescador e a presenza da torre do Castro, emblema simbólico do concello.  Tamén iluminación da bola do mundo e de árbores varios. A decoración abarcará tamén ás 18 aldeas do concello con pequenos pero significativos motivos do Nadal que acendan a maxia e a ilusión dos veciños nestas festas. O material será como sempre de baixo custo e con material reciclado modelado de maneira entusiasta polas brigadas do concello e a axuda de veciños e veciñas.

O agasallo do concello este ano é un calendario no que se pon en valor o patrimonio relacionado coa arquitectura da auga. Concretamente faise mención do pozo de mina na aldea de Piñeira de Arcos e da fonte da desaparecida aldea da Uceira ao carón da Ermida de San Bieito. Faise tamén unha invitación a decoración dos fogares.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A festa para os máis cativos estará protagonizada polos máis pequenos do Punto de  Infantil (PAI) en compañía das familias coa colaboración da AMPA e do Concello.  Ademáis de manualidades de neve (bolas, guirnaldas, ieso)  e sorpresas con panxoliñas preparadas polos cativ@s e a presenza do Papa Noel, animará o ambiente o teatro de monicreques “O Apalpador e a nena sen medo” da Xanela do Maxín. Esta última actuación tamén está aberta a veciños e veciñas do concello que queiran participan e facer comunidade. Celebrarase o 19  Venres de Decembro dende as 17.30 ata as 20.00 h no Salón de Actos e Local Social do Concello.

A música terá tamén o seu protagonismo no Nadal de Sandiás. Abriremos o Nadal co IV Concerto de Música do cantautor Emilio Rúa e o poeta Xosé Carlos Caneiro co espectáculo “Cánticos de Luz e Nadal”, que tanto éxito tivo na súa primeira e segunda edicións. A Casa de Cultura do Concello de Sandiás será o lugar do acto o   sábado, 20 de Decembro ás 19.00 h da tarde.

O tradicional Nadal é un bo momento para recuperar e manter tradicións. Neste caso teremos a Visita dos Reis Meigos aos máis cativos (Luns, 5 xaneiro pola tarde) e recuperamos por cuarto ano consecutivo a tradición do Cantar os Reis en colaboración co CDR O Viso, o PAI, Ceip de Sandiás e veciños e veciñas que queiran participar (Domingo, 4 de xaneiro pola mañá). A visita dos máis cativos a Pazolandia será o luns 29 de Decembro.

Finalmente, hai que destacar a VII Campaña de solidariedade ao redor da recollida de, alimentos coordinada dende o Concello. Deu comezo o 14 de Novembro e finalizará o 18 de Decembro. Os alimentos irán ao Banco de Alimento de Ourense.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------