A literatura solidaria de José Balboa Rodríguez, protagoniza o seu novo libro, Arduina

Presentación do libro Arduina, de Jose Balboa Rodríguez.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do libro Arduina, de Jose Balboa Rodríguez, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Beariz, Manuel Prado; a presidenta de AFAOR en Ourense, Maria Dolores Neira; e o autor da publicación.

Logo de Uno de tantos e Merece la pena, chega esta obra composta por unha trintena de relatos curtos que foi publicada froito da colaboración da Deputación de Ourense e o Concello de Beariz

Publicidade

A recadación desta edición irá destinada á loita contra o cancro infantil e o Alzhéimer

Presentación do libro Arduina, de Jose Balboa Rodríguez.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do libro Arduina, de Jose Balboa Rodríguez, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Beariz, Manuel Prado; a presidenta de AFAOR en Ourense, Maria Dolores Neira; e o autor da publicación.

José Balboa Rodríguez presenta a súa terceira publicación Arduina, logo de publicar Uno de tantos e Merece la pena, o escritor de Beariz presenta esta obra composta por unha trintena de relatos curtos que foi publicada froito da colaboración da Deputación de Ourense e o Concello de Beariz. A presentación do libro tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou  o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Beariz, Manuel Prado; a presidenta de AFAOR en Ourense, Maria Dolores Neira; e o autor da publicación.

Arduina, da que se editaron 1.000 exemplares, é unha recompilación de relatos que, “ademais de cousas desta terra que me viu nacer, tamén hai pasaxes doutras partes nas que estiven”, sinalou José Balboa Rodríguez. As ilustracións do libro son obra de Rafa Prieto, Jorge Sánchez Esteban e Esther Rodríguez Balboa. A publicación foi presentada xa na Feira Internacional do Libro celebrada en Guadalaxara, México.

Na presentación desta obra, Rosendo Fernández destacou o carácter solidario do autor, ao igual que o alcalde de Beariz, quen salientou o labor altruísta de José Balboa Rodríguez, porque ao igual que aconteceu coas súas anteriores publicacións volverá a doar o recadado, nesta ocasión irá destinado contra o cancro infantil e xuvenil e a AFAOR.

Neste sentido, José Balboa Rodríguez afirmou que o que o incentiva a escribir é “conseguir que en calquera recuncho do mundo, unha persoa teña uns segundos da súa vida de mellor calidade”, por elo, “todo o que se produza vai destinado a ese fin: contra o alzhéimer, o cancro, a ELA, contra todos eses males que afectan á sociedade e ás nosas persoas queridas”, afirmou o autor de Arduina.

O alcalde de Beariz, autor do prólogo do libro, lembrou que José Balboa empezou a escribir obras de teatro cando tan só tiña 14 anos, pero pasados os anos “recuperou a súa faceta como escritor sendo concelleiro de Beariz e consolidouse esa faceta coa novela autobiográfica Uno de tantos. A segunda novela Merece la pena é unha gran obra literaria para min, unha novela estruturada en vinte capítulos, baseada en feitos reais. E, en Arduina, Balboa deixa o mundo da novela para afondar na temática do relato curto, botando man das pinceladas poéticas na súa linguaxe e recreándose nela”.

Pola súa parte, a presidenta de AFAOR en Ourense agradeceu, ademais da achega económica que supón para a entidade, a visibilidade que se lle da á asociación.