A Feira do Viño do Ribeiro convoca o concurso de cartaces para anunciar a súa 63ª edición

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de cartaces para seleccionar o que vai representar a 63ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 1 ao 3 de maio de 2026. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros. As bases do certame poden consultarse en: www.ribeiro.wine e www.feriavinoribeiro.com.

A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartaz que faga alusión á D.O. Ribeiro e á súa gran posta de largo, aludindo á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que se trata dun evento onde as adegas ofrecen aos visitantes viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar deseñadores e artistas profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 22 de xaneiro de 2026. Con todas as obras presentadas farase unha preselección polo público nunha exposición na Casa da Cultura de Ribadavia, que poderá votar na dende o 29 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Desta quenda sairá unha mostra de 20 obras para a final. A selección do gañador do concurso farase na seunda ou terceira semana de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------