A cantidade acumulada desde 2016 ascende a 51.815 euros
- César Fernández, presidente de Acauto, e María Tabarés, directora de Cáritas, formalizaron o acto de entrega deste cheque solidario
- Cáritas destinará a cantidade a comedores sociais durante estas datas do Nadal
Ourense, 17 de decembro, 2025_ Acauto -asociación ourensá dos concesionarios de coches- mantén viva a tradición por estas datas, de entregar un cheque solidario a Cáritas coa cantidade recadada para tal fin nos salóns do automóbil celebrados uns meses antes na cidade. Nestes certames, por cada coche vendido, o concesionario achega 15 euros.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A iniciativa xurdiu en 2016 a iniciativa de Ramón Seijas, anterior presidente de Acauto, falecido este ano, e neste período recadou e entregou máis de 50.000 euros, concretamente 51.815.
Ao acto de entrega desta mañá na sede da CEO, acudiron os máximos representantes das dúas entidades, César Fernández por Acauto e María Taberés por Cáritas, que estiveron acompañados por outros membros tanto da xunta directiva da asociación empresarial como da entidade social: Javier Soto, secretario de Cáritas, e Eva André, José Vilarchao, Susana Soto, Fara Pérez e Pablo Pérez entre outros representantes de Acauto.
















