IV Concerto de Nadal en Sandiás: Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

FUSIÓN DE PALABRA POÉTICA E PROFÉTICA E MÚSICA QUE ENCHE DE EMOCIÓN A ALMA PARA REVIVIR A ESENCIA DO NADAL CON EMILIO RÚA E XOSÉ CARLOS CANEIRO

A música e a palabra tivo o seu protagonismo no Nadal de Sandiás. Abriuno o cantautor Emilio Rúa e o escritor, poeta e columnista galego Xosé Carlos Caneiro co IV Concerto de Nadal que levou por título “Cánticos de Luz e Nadal ” o pasado Sábado, 20 de Decembro ás 19.00 h no Salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

Neste concerto, a palabra poética e a música entrelazáronse para recuperar a esencia máis pura do Nadal, un tempo de alegría compartida. Foi un bonito espectáculo poético e muscial con villancicos e textos relacionados co Nadal narrados magníficamente por Xosé Carlos Caneiro nos que retratou este tempo de Nadal como un tempo entre a memoria e a esperanza. Esribe “ porque aínda ama”, “gritando en Sandiás a fórmula máxica tantas veces repetida (felicidades) e non esquezas repetila cando todo vaia mal”,  “ que non perdan sempre os mesmos”, “que os gañadores sexan menos cínicos”, “que non nos rouben os reis magos”, “que o amor non leve data de caducidade”, que deixe de chover frío”, “ que o sentido común incline os seus dedos polo ventre dos que gobernan”…  Emilio Rúa combinando tradición e creatividade interpretou de xeito magnífico pezas clásicas de tradición oral.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 O espectáculo puxo de manifesto unha interpretación especial, onde as tradicionais panxoliñas fusionáronse con textos do Nadal ofrecendo unha experiencia íntima e única para o público que puido gozar do Nadal de maneira cultural, en familia e co mellor repertorio musical de calidade. Grazas aos preto de 25 veciños e veciñas e xente da comarca da Limia que asistiron á actuación abrindo os festexos do Nadal facendo comunidade veciñal e gozando dos beneficios físicos, culturais e humanos da música en directo. Música e cantos que enchen de emoción a alma e que constrúen un mundo mellor.

Nos seus discos Emilio Rúa contou coas colaboracións de artistas como : Uxía, Luís Tosar, Carlos Blanco Guadi Galego (Berrogüetto), Kepa JunkeraTony Lomba, X.M.Budiño, Marcos Teira (Marful), Quim Farinha (Berrogüetto), Celina da Piedade (Mariza, Rodrigo Leao), Carlos Castro(Fía na Roca, Budiño), Lucía Pérez, Fabián, Segundo Grandío (Estudo de gravación Casa de Tolos),Daniel Minimalia, Xestreu, etc… Segúndo indica en varias entrevistas garda moi bo recordo dous duetos feitos con Víctor Manuel e a amizade co cantautor cubano Pablo Milanés, entre outros. Ten feito nos seus discos produccións que van desde o máis puro estilo cantautor pasando polo jazz, soul, brasileiro, pop, folk… pero sempre foi fiel ao seu estilo.

Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963) é un destacado escritor, poeta e columnista galego moi vinculado a música, non como intérprete principal senón como creador de proxectos literario-musicais fusionando textos poéticos con melodías. En definitiva, utiliza a música como vehículo para expresar  e potenciar o seu universo literario creando experiencias artísticas que van máis aló do libro tradicional.  Recoñecido como uns dous autores en lingua galega con numerosos premios literarios (Torrente Ballester, Premio Crítica Española, Premio Xerais… entre outros) e que cultiva a narrativa, a poesía e o ensaio (Ébora, A Rosa de Borges, Un último destino, etc).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------