O grupo municipal de Ribeiro en Común vén de propoñer ao Concello de Ribadavia a elaboración dun proxecto de mellora do patrimonio histórico da vila e rexistre unha nova candidatura para participar na convocatoria do Programa 2% Cultural 2025-2026. Este plan está promovido polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana coa colaboración do Ministerio de Cultura para o financiamento de actuacións de conservación, rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico, cun prazo de solicitude de adhesión que remata o vindeiro 18 de febreiro.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Dende Ribeiro en Común lembran que “no pasado mandato redactamos dous proxectos que concorreron a este Programa 2% Cultural, polo que propoñemos que o actual goberno municipal adecúe estes proxectos á nova convocatoria, adaptándoos aos prezos e ás bases actuais”. Engaden que “tamén podería optar por un novo proxecto, o importante é que se opte a esta convocatoria, pois en Ribadavia sobra patrimonio co que poder competir”.
Entre as actuacións previstas de mellora que se contemplaban no ano 2023 estaban as rúas Tomás de Lemos, Yáñez, Cervantes e Xerusalén, ademais da praza de San Xoán e a rehabilitación do edificio do antigo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, ubicado na rúa Salgado Moscoso.
O voceiro de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo, apunta que “realizamos esta proposta construtiva e agardamos sexa premiada polo Ministerio de Vivenda, o que sería moi positiva para Ribadavia”.

















