Marina Ortega do grupo socialista propón ao goberno galego medidas de prevención ante os datos que relacionan o uso excesivo de internet e a saúde mental dos menores

Marina Ortega lembra que xa chegaron a un acordo para actuar neste eido hai un ano a iniciativa dos socialistas, pero lamenta a falta de “medidas de calado”

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023. A parlamentaria do grupo socialista, Marina Ortega, esixiu hoxe á Xunta que cumpra o acordo da cámara galega de hai un ano para establecer medidas de prevención ante os datos que relacionan do uso excesivo de internet e os danos á saúde mental dos menores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Marina Ortega lembrou que fai mais dun ano todos os partidos comprometéronse a traballar neste eido, partindo dunha proposta socialista na cámara. Un acordo que establecía a creación  dun “plan ambicioso” en colaboración coas universidade galegas, para blindar a saúde infantoxuvenil e previr adiccións e efectos sobre a saúde mental nos menores. Lamentou que a día de hoxe, non existe ningunha medida de calado.

Efectos sobre a saúde dos nenos nenas e adolescentes como: consecuencias do sedentarismo, descontrol dos hábitos do sono e alimentarios, incremento das dismorfias corporais ou exaxeración desmedida dun defecto físico a consecuencia entre outras cuestións dos filtros das redes sociais, así como tamén o TikTokTics ou trastorno relacionado co síndrome de Tourette.

A representante do PSdeG trasladou de novo a preocupación polo aumento do uso das novas tecnoloxías dende as idades máis mozas e as consecuencias relacionadas coa adicción que se están observando.

Do mesmo xeito, Ortega entende que implica aos propios menores dos que destacou que xa están facendo iniciativas contra o que dana a súa saúde mental Así como, o ámbito institucional, que ten a responsabilidade, dende sanidade, educación ou servizos sociais, que “deben estar alerta e todos a unha”.

O estudo liderado polo profesor Antonio Rial Boubeta, experto en adiccións, alerta do aumento da dependencia dos menores ao xogo online, videoxogos ou redes sociais, con especial atención aos efectos negativos destas últimas para a saúde mental e autoestima na adolescencia.

Marina Ortega reclamou que a Xunta cumpra o acordo parlamentario ao que se chegou por iniciativa dos socialistas para que se tomen medidas nun “período crítico como é a adolescencia”.

Concluíu reclamando á representante do executivo galego que “pasen de ser simples comentaristas da realidade” e actúen, así como alertando de que dende o seu partido “seguiremos insistindo para que a autoestima da nosa mocidade nunca máis se mida en número de likes”.