Data: Sábado, 10 de xaneiro de 2026
Hora: 18:00 horas
Lugar: Museo da Limia, Vilar de Santos
O próximo sábado 10 de xaneiro de 2026 terá lugar no Museo da Limia (Vilar de Santos) o acto “A presenza da memoria”, no que se procederá á incorporación do ensaísta e historiador Carlos Morais ao fondo documental da Biblioteca da Limia.
Carlos Morais, presidente do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, será o encargado de impartir a conferencia titulada “A represión franquista e a resistencia organizada no Val do Limia”, unha análise histórica que achegará luz sobre un dos períodos máis complexos da historia recente desta comarca.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O acto contará coa presentación de Xosé Manuel Pérez Bouza, membro do Consello Asesor do Museo da Limia, quen será o encargado de introducir tanto a figura do homenaxeado como o contexto do seu legado documental.
Este evento supón unha nova achega á recuperación e difusión da memoria histórica na comarca da Limia, reforzando o papel do Museo da Limia como espazo de referencia para a conservación e estudo do patrimonio cultural e histórico local.

















