A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega Piñeiro, que estivo acompañado polo vicealcalde e edil de Urbanismo, José Castro.
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense e á que asistiu tamén a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández León, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para este municipio.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O departamento que dirixe María M. Allegue continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

















