A Subdelegación do Goberno en Ourense arquiva as actuacións relativas ás bases reguladoras das subvencións da Deputación Provincial de Ourense outorgadas con motivo da crise do COVID-19

Subvencións outorgadas polo ente provincial a pequenas empresas de concellos de menos de 20.000 habitantes, así como a traballadores autónomos de ditos concellos

Unha vez examinada a documentación aportada dende a Deputación Provincial de Ourense polos técnicos da Subdelegación do Goberno e en consonancia co informe da Avogacía do Estado conclúese que non hai vulneración da lexislación básica do Estado nas citadas bases

AVANTAR ACTIVIDADES

A Subdelegación do Goberno en Ourense arquiva as actuacións relativas ás bases reguladoras das subvencións da Deputación Provincial de Ourense outorgadas a pequenas empresas de concellos de menos de 20.000 habitantes, así como a traballadores autónomos de ditos concellos afectados pola crise provocada polo COVID-19.

Unha vez examinada a documentación aportada dende a Deputación Provincial de Ourense polos técnicos da Subdelegación do Goberno e en consonancia co informe da Avogacía do Estado conclúese que non hai vulneración da lexislación básica do Estado nas citadas bases.

En canto ao exame da competencia da Deputación Provincial para outorgar subvencións non lle corresponde á Administración Xeral do Estado, senón á Comunidade Autónoma de Galicia realizar o mesmo, segundo informe da Avogacía do Estado. Así pois, non procede realizar actuación algunha no exercicio das competencias revisoras de actos e acordos das Entidades Locais que corresponden á Administración Xeral do Estado.