O grupo show do club Aehde, subcampión galego de segunda categoría

A coreografía <El templo del pueblo>, na súa estrea, sube ao podio nunha das citas senlleiras da tempada na patinaxe artística galega

O Club Patinaxe Aende O Carballiño continúa instalado no podio no Campionato Galego de grupos show de segunda categoría na modalidade de grupos pequenos (ata 12 patinadoras). Se no 2022 se fixo co segundo posto co programa <Gulaj 113>, nesta ocasión repetiu posto con <El templo del pueblo>,  unha nova montaxe que poñían en escea nun campionato por primeira vez despois de dez meses de duro traballo (a razón de 10 horas semanais de adestramento). El <Templo del pueblo> é unha coreografía de Nerea Estévez, a adestradora do grupo de show da entidade carballiñesa. Nerea subiu dúas veces ao podio mundial de grupos show como integrante do CPA Gondomar.

AVANTAR ACTIVIDADES

A proposta do Club Aehde, fantásticamente defendida polas doce patinadoras, mereceu para os xuices unha puntuación de 42,7 puntos, moi preto do Club Inercia de Narón que se fixo co campionato sendo o Buxaina de Ferrol, terceiro. Na cita celebrada no Pavillón Cándido Carrera de Salvaterra tomaron parte 24 grupos de grande parte da xeografía galega, sendo a entidade carballiñesa a única da provincia de Ourense.

O campionato tamén supón o punto de arranque a un intenso mes e medio para o Grupo de show do Club Aehde, con torneos e galas en varios puntos de Galicia, e que terá o seu punto álxido na Copa Galega de show que se celebrará no Carballiño os días 8 e 9 de xullo. Un novo reto, deportivo e organizativo, para un club que neste 2023 celebra o seu décimo aniversario.