A Xunta manterá as medidas vixentes unha semana máis, sen avanzar na apertura de horarios

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu hoxe para dar conta da situación epidemiolóxica de Galicia e das novidades en canto a medidas restritivas. Feijóo sinalou que aínda non se coñece o alcance da apertura da pasada semana, polo que manterán a desescalada unha semana máis sen cambios.

Publicidade

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aínda non ratificou a vixencia das medidas excepcionais, que estarían destinadas ós concellos en nivel máximo. Feijóo considera que esta situación é de desamparo legal.

Feijóo tamén informou da campaña de vacinación, lamentando que esta semana se recibiran 80.000 doses menos, ralentizando o proceso. Esta semana está prevista a administración de 180.000 doses en toda Galicia. O presidente lamenta que nas próximas semanas a recepción de doses vai a ser menor que aa o de agora, o que fará que o proceso se faga máis lento do que lle gustaría á Xunta. Entre onte martes e mañá xoves está previsto está previsto que se administren 65.000 doses, que serán as primeiras para o grupo de entre 50 e 59 anos. E hoxe mesmo administráronse 50.000 segundas doses a persoas de idades superiores. Deste xeito, hoxe xa hai medio millón de galegos inmunizados.